• Barajar
    Activar
    Desactivar
  • Alphabetizar
    Activar
    Desactivar
  • Frente Primero
    Activar
    Desactivar
  • Ambos lados
    Activar
    Desactivar
  • Leer
    Activar
    Desactivar
Leyendo...
Frente

Cómo estudiar sus tarjetas

Teclas de Derecha/Izquierda: Navegar entre tarjetas.tecla derechatecla izquierda

Teclas Arriba/Abajo: Colvea la carta entre frente y dorso.tecla abajotecla arriba

Tecla H: Muestra pista (3er lado).tecla h

Tecla N: Lea el texto en voz.tecla n

image

Boton play

image

Boton play

image

Progreso

1/50

Click para voltear

50 Cartas en este set

  • Frente
  • Atrás
Abono
É un pago
Acción
Cada unha das partes en que está dividido o capital estruturado nunha sociedade anónima.
Acreditado
O que recibe un préstamo ou unha apertura de crédito
Activo
Todo aquilo que unha persoa ou empresa posúe ou lle deben; os activos, polo tanto, forman parte do patrimonio
Adebedar
Ter contraído o compromiso dun pago por un ben ou servizo recibido
Afianzar
Entregar unha fianza como garantía do cumprimento dunha obrigación
Aforro fiscal
É o aforro que obtén a empresa (Universidade) á hora de pagar os seus impostos como consecuencia dunha práctica determinada
Amortización
Reembolso gradual dunha débeda
Armortizar
Suprimir empregos ou prazas dun corpo de funcionarios ou da plantilla de traballadores dunha empresa, non cubrindo as vacantes que se van producindo por razóns naturais ou como consecuencia de xubilación anticipadas
Auditoria de contas
Actividade que mediante a utilización de técnicas de revisión dos documentos contables dunha empresa, ten por obxecto a emisión dun informe de auditoría acerca de fiabilidade dos documentos auditados, e sobre si as contas expresan razoablemente a imaxe fiel do patrimonio, da situación financeira e dos resultados obtidos pola entidade
Balanza de pagos
É o estado comparativo dos ingresos e dos pagos (ou entradas e saídas) dunha economía nacional por todos os conceptos
Bono
Título ou valor posto a venta por bancos, empresas ou polo propio Estado para captar do mercado diñeiro en efectivo
Bono a interese variable
O cupón varía, xeralmente cada seis meses, seguindo a referencia do tipo de euribor
Cheque escolar
É un bono que contemplaría o custo económico dun posto escolar. O Est transfire as axudas ás familias, e estas deciden cales son os centros que máis se axustan os seus intereses para escolarizar os seus fillos.
Cada familia disporía dun cheque que lle permitiría elixir o centro, levando a demanda de mercado libre á Insittución Educativa. Este modelo introduce a idea de competencia, polo que os centros teñen que mellorar a súa oferta e incrementar o grao de calidade para dar satisfacción os seus clientes.
Supón un cambio de filosofía xa que o Estado deixa subvencionar directamente a educación facéndoo a través das familias. As familias deciden se entregan os seus cheques a centro públicos ou privados. O conecpto de cheque escolar foi acuñado por MIlton Friedman en 1955
Créditos brandos
Son os que se conceden a longo prazo e con baixos tipos de interese, para así favorecer inversións de carácter fundamentalmente social que non ofrecen expectativas de gran rendibilidade económica.
Condonar
Perdoar unha obrigación ou débeda
Debe
Nome do lado esquerdo dunha conta do libro maior. NOme da columna de cifras na que se anotan os cargos (gastos). Lado contrario ó "haber" dunha conta
Débito
Partida que se asenta no "debe" dunha conta. Débeda. En contabilidade implica calquera cantidade que é o asentarse ou rexistrarse incrementa o saldo dun pasivo (quen o recibe) ou decrementa o saldo dun activo (quen o paga).
Devengar
Adquirir un determinado dereito, algunha recepción ou retribución, por razón de traballo, servizo ou outro título
Economía da Educación
É a disciplina dentro da economía enargada de explicar como xestionar de xeito rentable as inversión en educación, tanto públicas como privadas, aínda que centrándose principalmente nas que fan as administracións públicas a través do gasto público. Inverisóns tanto en educación formal como non formal, é dicir, no SIstema Educativo, entendendo a educación como un valor de inversión e consumo para acadar obxectivos sociais.
(...)
Euribor
European Interbank Offered Rate. É o tipo europeo de oferta interbancaria. Tipo de interese aplicado ás operacións entre bancos de Europa; significa que é a porcentaxe que paga como tasa un banco cando outro lle deixa diñeiro. Este índice calcúlase partindo dos prezos de oferta dos préstamos que se fan entre si mesmos os 64 principais bancos europeos.
(...)
Embargo
Ocupación, aprehensión ou retención de bens, feita por mandato dun xuíz ou tribunal, por razón de débeda ou delito, para asegurar a satisfacción das responsabilidades que contrae a persoa embargada.
Evasión de capitais
Saída fraudulenta de recursos económicos líquidos, con infracción das leis sobre transaccións internacionais, e case sempre con defraudación fiscal, ó tratarse, usualmente de ganancias non declaradas.
Excedente
Cantidade en que a oferta dun produto supera a súa demanda, contribuíndo esa diferenza á caída de prezos no mercado, salvo que se instrumenten medidas de intervención
Expolio
Acción de despoxar a alguén dos seus bens ou dereitos con violencia ou con iniquidade
Expropiación
Acción de desposeer dun ben ou dun dereito o seu porpietario por motivos de utilidade pública e mediando unha indemnización polo xusto prezo legalmente fixado
FECOM
Fondo Europeo de Cooperación Monetaria. Órgano da Comunidade Europea dende 1974, para apoiar con intervencións de mercado o mantemento das flutuacións conxuntas das moedas/moeda€ en relación co dólar ($).
FEDER
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Instrumento da Comunidade Europea con organización autónoma, que ten como finalidade contrubuír á mellora das condicións de vida e de traballo das áreas máis desfavorecidas dos países comunitarios
FMI
Fondo Monetario Internacional. É o organismo das Nacións Unidas para a cooperación monetaria e o comercio internacional, sistema de patrón cambios-ouro.
Haber
Nome da columna de cifras na que se anotan as partidas de abono (ingresos recibidos), nunha conta. Lado contrario ó "debe"
Hipoteca
Contrato polo que se considera un crédito coa garantía dun ben inmoble, e con ese valor respóndese do risco de impago
Gasto público en educación
O gasto educativo ten dous tipos de fontes: a inversión pública e a inversión privada. O gasto público educativo, ten a súa orixe nas diversas administracións públicas (estatais, autonómicas e locais), mentres que o gasto privado fai referencia ós custos que soporta a persoa que se educa ou a súa familia.
O gasto público en educación xurde da preocupación das diversas administracións públicas para facilitar a igualdade no acceso á educación, superando as barreiras económicas, sociais, de clase... e acadar para determinados sectores de poboación unha educación de balde
IPC
Índice de Prezos de Consumo. É o máis divulgado de tódolos índices de carácter económico e social, pola súa importancia a efectos de expresar a súa intensidade da inflación, e por ser a referencia para a negociación de salarios, a contratación de arrendamentos inmobiliarios, etc.
Inflación
Elevación do nivel xeral de prezos. Fálase de inflación de custos cando no fundamental débese á alza dos factores de produción (salarios, tipos de interese, prezos do solo, da enerxía, das materias primas, etc.) e da inflación da demanda cando é imputable, principalmente ó aumento da intencións de consumo que polas rixideces da oferta non teñen outra resposta que a elevación de prezos
Interese
Cantidade que se paga como remuneración pola dispoñibilidade dunha suma de diñeiro tomada en concepto de crédito
IVE
Imposto sobre o Valor Engadido. É un tributo de natureza indirecta que recae sobre o consumo e grava as seguintes operacións: grava as transaccións económicas, e está destinado a ser soportado polos consumidores finais. Enténdese por consumidor final calquera persoa física ou xurídica que non realice actividades económicas. Isto significa que as persoas físicas ou xurídicas quer realicen actividades económicas, ademais de pagar IVE nas súas compras, cobran o IVE nas ventas, salvo que se teña concedida algunha exención, de maneira que ó rematar un trimestre realízase a diferenza entre o cobrado e o pagado Se a diferenza é positiva ingrésase a Facenda e se é negativa reclama a súa devolución
Macroeconomía
Parte da ciencia económica que estuda os agregados económicos co obxecto de comprender o seu funcionamiento de conxunto nun país ou rexión. A macroeconomía utiliza categorías tales como emprego global, renda nacional, consumo, oferta e demanda agregadas, valor prometido dos prezos, etc.
Mancomunidade
Situación de concorriencia de varios acredores ou deudores, na que o crédito ou débeda se entende dividido en tantas partes como acreedores ou deudores haxa.
Masa monetaria
Concepto xenético para referirse ó conxunto de diñeiro que se encontra en poder do público.
MIBOR
Madrid InterBanking Offereding Rate. É o tipo de interese o que as entidades financeiras ofrecen fondos (pesetas), en mercado interbancario español antes do 1 de xaneiro do 2000.
Microeconomía
Termo usado para facer referencia á parte da economía que se estuda o comportamento das unidades individuais -consumiores, empresas e grupos. A análise microeconómica céntrase normalmente na teoría da empresa e na teoría dos prezos.
Moratoria
Prazo que se outorga solicita ou impón para afrontar o non cumprimento inmediato da débeda vencida.
OPA
Oferta Pública de Adquisión. Operación bursatil consistente en que unha persoa física ou xurídica fai unha notificación pública ós accionistas dunha determinada sociedade que cotiza en bolsa manifestándolles estar disposta a adquirir os títulos que se ofrezan a un prezo, para de este xeito conseguir aparte de capital necesaria suscrita que lle permita acadar ou reforzar o seu dominio dentro da sociedade de que se trate.
Préstamo
Uso dun diñeiro alleo a cambio do pago de intereses. Diferenciase do crédito en que é unha suma certa que se devolve en u termino fixo.
Privatización
Transferencia de activos públicos a titularidade privada.
Producto interior bruto
(PIB) É un dos principais agregados económicos contidos na Contabilidade Nacional, xa que representa, de forma global, o resutado final da actividade productiva nunha economía, é o valor dos bens e servizos finais xerados por unha economía no seu territorio.
TAE
Tasa Anual Equivalente ou Tasa Anual Efectiva.Sigla utilizada para facer referencia ó " Tipo AnualEectivo " que fixa de xeito preciso o custo total do diñeiro tomado a crédito das entidades financeiras, incluíndo o tipo de interese nominal.
Tarifa
Escala que sinala os diversos prezos, dereitos ou impostos que se deben pagar por unha mercancía ou un servizo.
Tasa
1) acción e efecto de tasar, de fixar prezos ou valores unha cousa; 2) tarifa ou imposto.
Xiro
Transferencia de fondos da conta dunha persoa á de outra. Conxunto das operacións que constitúen a actividade dun establecimento comercial, bancario ou industrial.